Skip to main content

Obradoiro de adornos

de Nadal

Este Nadal, a asociación de ceramistas Arxilarte, en colaboración co Concello de Pontevedra, organizou un obradoiro especial de cerámica que resultou ser unha experiencia inesquecible, atende.

En que Consistiu

O obradoiro consistiu na creación de adornos de Nadal utilizando paper clay, unha pasta de barro con propiedades especiais que facilita o modelado e a manipulación. O paper clay é ideal para actividades grupos xa que combina a maleabilidade do barro coa resistencia do papel, permitindo aos participantes moldear e traballar coa cerámica dun xeito máis sinxelo e divertido.

Os socios de Arxilarte prepararon engobes de diversas cores, ferramentas e outros materiais necesarios para cocer as pezas. Grazas á preparación previa, os asistentes puideron centrarse na parte creativa do obradoiro. Durante os 60 minutos de duración do obradoiro, os participantes tiveron a oportunidade de coñecer, modelar e pintar os seus propios adornos de Nadal, utilizando moldes e pranchas de paper clay previamente preparadas. O tempo foi máis que suficiente para que todos disfrutaran e aprenderan os conceptos básicos da cerámica.

Ademais, esta actividade forma parte dun proxecto en colaboración co Concello de Pontevedra, onde as pezas creadas polos veciños serán instaladas no edificio "Casa da Luz". Este proxecto non só embelecerá o espazo público, senón que tamén servirá como testemuño do traballo colectivo e da creatividade da nosa comunidade.

Experiencias

Esta foi a nosa primeira experiencia traballando como colectivo e resultou ser un exercicio precioso e enriquecedor. A colaboración entre as socias de Arxilarte permitiu que o obradoiro se desenvolvese de maneira fluída e organizada. Cada membro aportou o seu coñecemento e habilidades, desde a preparación dos materiais ata a asistencia aos participantes durante o obradoiro.

Este traballo en equipo non só fortaleceu os lazos dentro da asociación, senón que tamén nos permitiu aprender uns dos outros e mellorar as nosas técnicas e métodos de ensino.

🥰 Grazas!!!

INTERVENCIÓN
dos Veciños

Foi marabilloso coñecer a tantos veciños interesados en aprender sobre cerámica, xa sexa para xoiería ou elementos decorativos. A acollida foi cálida e entusiasta, o que nos encheu de ledicia e satisfacción. Os participantes demostraron gran interese e creatividade, e moitos deles expresaron o seu desexo de seguir explorando o mundo da cerámica.

Este obradoiro non só nos permitiu dar a coñecer a nosa asociación e poñer en valor a artesanía, senón que tamén nos brindou a oportunidade de conectar coa comunidade local dun xeito significativo. Ver a persoas de todas as idades gozar e aprender xuntas foi unha experiencia moi gratificante.

Conclusións

A acollida foi tan positiva que xa estamos planeando repetir esta experiencia no futuro. Encantaríanos seguir ofrecendo obradoiros e actividades que promovan a artesanía e a creatividade na nosa comunidade. Cremos firmemente que a cerámica é unha forma de arte accesible e enriquecedora que pode ser compartida por todos.